A educación inclusiva debe procurar o máximo desenvolvemento persoal e a adquisición de coñecementos e habilidades para todo o alumnado, sen importar as súas diferenzas.
O alumnado do programa de
voluntariado da biblioteca, partindo dunha idea do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quixo visibilizar a importancia da educación
inclusiva no CIFP Compostela e realizou diversas propostas para plasmar nun mural; deste xeito colaboramos tamén coa humanización dos espazos do centro escolar.
Ana Santiso, foi a artista elixida para plasmar no noso centro o producto final. Realizou un mural a modo de viñetas de cada unha das familias profesionais do CIFP Compostela: Hostalería e Turismo, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Artes Gráficas e Industrias Alimentarias.
Comentarios
Publicar un comentario