Obradoiro sobre selfies, retratos e feminismos coa xornalista e fotógrafa Charo Lopes. Durante este formación monográfica explicáronse conceptos de linguaxe fotográfica e presentáronse exemplos de traballos de artistas contemporáneas
O alumnado tivo a oportunidade de levar a teoría á práctica
E tamén as profas do equipo da biblioteca!
1-CONTEXTO E OBXECTIVOS
A fotografía hoxe, cun uso masificado no noso contexto social, convírtese nunha forma de
comunicación complexa e estruturante, na que tamén se definen realidades: que
empoderan, invisibilizan, humillan ou restauran, ao igual que as palabras.
Con esta actividade traballase a prevención, identificación e sensibilización das
diferentes formas de violencia machista através da imaxe e a reprodución de roles opresivos
e limitantes, en particular no uso particular do retrato, através da autofoto ou selfie. É
urxente irmos desvelando as súas diversas caras para podermos facerlles fronte.
Unha das maiores dificultades para enfrontarmos as múltiples formas de violencia machista
é a súa naturalización. Parecen formar parte dunha “orde natural das cousas”, clasifican e
dan sentido ao noso día a día. Están tan arraigadas nos nosos sistemas socioculturais que as
reproducimos e transmitimos mesmo sen sermos conscientes. Os feitos aparentemente
naturais adquiren unha forza inmensa e transformalos é un grande desafío para toda a
sociedade.
Con este obradoiro queremos formar e informar o alunado no poder da linguaxe visual,
asumindo que a fotografía non é “obxectiva” nin “neutra”. Explicaranse conceptos técnicos
básicos sobre fotografía e linguaxe corporal e a súa interpretación. Mostraranse imaxes
estereotipadas e estimularase o cuestionamento e pensamento crítico que permita reparar
en como isto contribúe a perpetuar estereotipos e violencias.
Podemos resumir os obxectivos do proxecto como segue:
● Xerar un espazo colectivo respectuoso e cómodo, alicerzado na facilitación do bo
trato, onde todas as persoas se poidan expresar, e tecer círculos de escoita activa,
apoio mútuo e solidariedade.
● Visibilizar formas de reproducir o machismo e os roles de xénero así como de novas
propostas para a diversidade e a transformación social. Pensar criticamente como o
imaxinario hexemónico reproduce valores e modos de entender o mundo.
● Capacitar unha lectura crítica da linguaxe visual e da comunicación dixital.
● Complementar a oferta formativa do centro con un contido de interese que capacita
o alumnado para unha relación máis consciente, crítica e saudábel coa propia imaxe.
● Facer unha aproximación á análise da linguaxe fotográfica.
Comentarios
Publicar un comentario