Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

Actividades de animacíón á lectura

   Noelia Freiria, alumna de 1º curso de Educación Infantil realizou unha presentación ao grupo clase arredor da traxectoria da autora Montse Souto dentro das actividades voluntarias de animación á lectura.

Día de Rosalía 2025

  Celebramos à nosa autora màis universal con caldo e poesía durante o mes de febreiro dando visibilidade á súa obra na biblioteca, nos diferentes comedores do centro e na entrada principal. O CIFP Compostela tamén acolleu a presentación da campaña "Miña casiña, meu lar" do Concello de Santiago, a Fundación Rosalía de Castro e a asociación Hostalaría.gal para dar visibilidade e promocionar o Caldo de Gloria entre a hostalaría compostelana.  

Deiche ollos e miraches as tebras

  Controvertida sesión do club de lectura do profesorado do mes de febreiro para comentar Deiche ollos e miraches as tebras de Irene Solá.

XII Mostra do Entroido

  Un curso máis, e xa van doce, celebramos no CIFP a Mostra de Entroido. Esta XII edición está dedicada ao Folión de Mormentelos de Vilariño de Conso, e contará coa habitual recepción no salón de actos polos Xenerais da Ulla, que farán de anfitrións cos seus   vivas   aos Boteiros, que veñen cargados das súas “bombas”, ritmos e danzas. Posteriormente, percorreremos os centros educativos da aldea de Lamas de Abade ao son do Folión de Mormentelos e o Abadiño Son. Estes días previos e posteriores á Mostra, contaremos na entrada do CIFP Compostela cunha exposición cedida pola Asociación de Entroido de Angrois e máis outra sobre entroidos galegos organizada polo alumnado de 1º de Preimpresión Dixital. Estas exposicións serán dinamizadas polo alumnado de 2º de Aloxamentos turísticos para os escolares da zona pero estades convidadas e convidados a visitalas.   Seguindo co aproveitamento didáctico deste feito cultural, o alumnado de 2º de Integración Social puido explorar fó...

11F

  11F: Día Mundial da Muller e da Nena na Ciencia. Non deixes de visitar a nosa biblioteca e consultar todas as recomendacións.

O pan de María

  O alumno Ángel Castro López, de 2º curso do CS de Integración Social, gaña o II Concurso de Microrrelatos Sobre os Conflitos Bélicos con O pan de María. Parabéns! O pan de María María escoitaba os disparos no monte, pero amasaba o pan coma sempre. Coas mans enfariñadas, miraba pola xanela. Aquel día non viñera Celestino. Nin onte. Nin antonte. Cando a porta se abriu, non foi el quen entrou. Era o seu irmán, coa mirada enxoita e o pano encarnado de seu home na man. Sen palabras, pousou un codelo de boroa enriba da mesa, parte do bolo que María lle fixera. María soubo que Celestino non volvería. Sentou, molla de suor e medo. O pan no forno queimábase. O seu corazón tamén. A guerra levárao todo, agás a fame.

Mochilas viaxeiras

  Nova exposición na biblioteca durante o mes de febreiro. Mochilas viaxeiras . Unha proposta do alumnado do Ciclo Superior de Educaciónn Infantil e voluntariado da biblioteca.

Contes africains. Samuel Mountoumnjou

  Samuel Mountoumnjou Contes africains pour les élèves de français. Africa no Cifp Compostela. Samuel Mountoumnjou, profesor de linguas e narrador oral, contounos historias de África en francés, nunha actividade participativa, divertida e moi interesante.