O alumno Ángel Castro López, de 2º curso do CS de Integración Social, gaña o II Concurso de Microrrelatos Sobre os Conflitos Bélicos con O pan de María.
Parabéns!
O pan de María
María escoitaba os disparos no monte, pero amasaba o pan coma sempre. Coas mans enfariñadas, miraba pola xanela. Aquel día non viñera Celestino. Nin onte. Nin antonte.
Cando a porta se abriu, non foi el quen entrou. Era o seu irmán, coa mirada enxoita e o pano encarnado de seu home na man. Sen palabras, pousou un codelo de boroa enriba da mesa, parte do bolo que María lle fixera.
María soubo que Celestino non volvería. Sentou, molla de suor e medo. O pan no forno queimábase. O seu corazón tamén.
A guerra levárao todo, agás a fame.
Comentarios
Publicar un comentario