Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

Club de lectura do profesorado do mes de maio

  No club de lectura do profesorado do mes de maio comentamos La maestra de José Antonio Lucero. Foi un encontro moi enriquecedor xa que se comentaron diferentes visións sobre a obra.

" As cruces de pedra na Bretaña" de Castelao

  Convidamos a toda a comunidade escolar do CIFP Compostela a visitar a nova exposición arredor da figura de Castelao desde o día de hoxe até o 6 de xuño de 2025. Na entrada principal, A Bretaña que hai en NÓS, "As cruces de pedra na Bretaña" de Castelao.

XVII Xornada dos Clubs de Lectura

  O día 21 de maio, as nosas compañeiras Iria Cajuso e Mercedes Teijeiro, participaron na #17XCL celebrada en Santiago de Compostela. O club de lectura Caldo de Groria, foi convidado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para inaugurar a xornada nunha conversa con Paula Carballeira. Paula Carballeira recibiu o  Premio dos Clubs de Lectura 2025, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio ,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2023/24. Podedes consultar aquí todo o programa da  emotiva Xornada.

"A derradeira leición do mestre" de Castelao

  Este ano cúmprense os   75 anos da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Desde o EDLG e a Biblioteca levamos un tempo argallando algunha actividade que conmemorase no noso centro o chamado "Ano Castelao" neste 2025,  E finalmente deuse a posibilidade de organizarmos unha proposta especialmente deseñada para a participación da nosa comunidade educativa. Trátase dun proxecto da  compañía de Teatro "Chévere" , a cal nos  convida a  abrir unha conversa  arredor do  cadro de Castelao “A derradeira leición do mestre” ,  que lle serve á compañía como detonante para crear unha nova obra de teatro que se estreará en Compostela en febreiro do 2026. O cadro, unha réplica do orixinal, conta cun   cuestionario  que atoparedes nun  código QR  ao carón e  permanecerá  na  entrada principal do CIFP entre o  luns 12  e o  venres  1 6  de  maio .  Chévere  a nímanos a  resp...

Visita de observación a bibliotecas escolares en Lorient

  As profesoras do Departamento de Idiomas Mercedes Teijeiro e Purificación Cabido están a realizar unha mobilidade Job Shadowing na cidade de Lorient no Campus de Notre Dame de la Paix, do 1 ao 8 de Maio. Trátase dunha observación in situ do sistema educativo francés, do funcionamento das bibliotecas escolares e da cultura bretona. Nesta estadía visitaron o Lycée Notre Dame de la Paix, o Lycée Saint-Louis e o Collège Saint-Louis, integrándose nas aulas de inglés, francés, español, e TIC, tanto de formación profesional como de bacharelato e realizaron activades de observación nos CDI(as bibliotecas escolares francesas) dos tres centros educativos.