Saltar ao contido principal

"A derradeira leición do mestre" de Castelao

 


Este ano cúmprense os 75 anos da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Desde o EDLG e a Biblioteca levamos un tempo argallando algunha actividade que conmemorase no noso centro o chamado "Ano Castelao" neste 2025, 
E finalmente deuse a posibilidade de organizarmos unha proposta especialmente deseñada para a participación da nosa comunidade educativa.

Trátase dun proxecto da compañía de Teatro "Chévere", a cal nos
 convida a abrir unha conversa arredor do cadro de Castelao “A derradeira leición do mestre”que lle serve á compañía como detonante para crear unha nova obra de teatro que se estreará en Compostela en febreiro do 2026.

O cadro, unha réplica do orixinal, conta cun cuestionario que atoparedes nun código QR ao carón e permanecerá na entrada principal do CIFP entre o luns 12 e o venres 16 de maioChévere anímanos a responder para participar do proceso de investigación desta nova creación, polo que solicitamos que o profesorado interesado en participar co seu alumnado se achegue, como unha actividade educativa que é, na súa sesión de aula. 

Ademais, o xoves 15 de maio ás 11:30 horas no Salón de Actos, o profesorado que queira asisitir xunto co seu grupo, poderá manter un encontro-coloquio con integrantes da Compañía "Chévere" arredor do cadro e do seu significado para a historia e a arte galegas.









Na biblioteca podedes consultar a bibliografía de Castelao




Comentarios

Publicacións populares deste blog

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día das Bibliotecas 2024

 Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible Microvisitas guiadas à biblioteca do CIFP Compostela  da man do alumnado de XAT 2⁰ curso, módulo comercialización e eventos e profesorado do equipo da biblioteca.  Por outros 364 días màis 💥 Moitas grazas pola colaboración, planificación e traballo ben feito!