O día 21 de maio, as nosas compañeiras Iria Cajuso e Mercedes Teijeiro, participaron na #17XCL celebrada en Santiago de Compostela.
O club de lectura Caldo de Groria, foi convidado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para inaugurar a xornada nunha conversa con Paula Carballeira.
Paula Carballeira recibiu o Premio dos Clubs de Lectura 2025, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2023/24.
Podedes consultar aquí todo o programa da emotiva Xornada.
Comentarios
Publicar un comentario