Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Comisión de Igualdade do CIFP Compostela e a Coordinación de Biblioteca impulsamos unha nova edición III Castañazo contra as violencias machistas , un magosto no que colaboran, diferentes grupos de alumnado e profesorado: de Aloxamento e Lavandaría, Integración Social, Educación Infantil... Desta volta, no marco dun programa máis amplo de actividades desenvolto pola Comisión de Igualdade durante esta semana reivindicativa do 25N, "Dia Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres". Desenvolverase onde o curso anterior, na entrada principal (se chove, nos soportais da cafetería), o xoves 27 de novembro a partir das 13:00 horas. Facilitarase, nos casos que sexa posible, o cambio da actividade lectiva para a participación no magosto, polo que os grupos participantes acudirán ao mesmo acompañados polo profesorado correspondente. Haberá, ademais de castañas, un posto da Biblioteca con fondos específic...