Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2026

Todas as persoas desempeñamos un papel: alfabetización mediática e informacional para a cidadanía.

  Que é a AMI? (segundo a Unesco) A alfabetización mediática e informacional (AMI) comprende un conxunto de competencias que lle permiten ás persoas buscar, avaliar criticamente, usar e achegar información e contidos mediáticos de xeito intelixente; coñecer os nosos dereitos no ámbito dixital; entender como combater o discurso de odio en liña, a desinformación, as noticias falsas e o ciberacoso; comprender as cuestións éticas relacionadas co acceso á información e o seu uso; e interactuar cos medios e as TIC, actuando como persoas produtoras de información e contidos, para promover a igualdade, a libre expresión, a pluralidade nos medios e na información, o diálogo intercultural/interrelixioso e a paz. Celebramos a semana AMI do 24 ao 31 de outubro de 2026💥   Alumnado de diversos ciclos, participou no obradoiro impartido pola xornalista Fernando González Macías para reflexionar ao redor dos medios de comunicación e as redes sociais e estimular o pensamento crítcio. Esta activ...

Microvisitas guíadas á biblioteca 2026

  O programa de  microvisitas guiadas á biblioteca, organizadas pola profesora Eva Pintor coa colaboración da biblioteca e a profesora Ana Yañez cos módulos de organización de eventos, resultaron todo un éxito. O alumnado de nova incorporación tivo a oportunidade de coñecer a organización do espazo e afondar na búsqueda de información de xeito riguroso na semana na que a UNESCO promove a celebración da AMI(Alfabetización Mediática e Informacional). Unha actividade xa consolidada e que esperamos poda repetirse no vindeiro curso. Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado participante! Desde a biblioteca queremos agradecer o esforzo e profesionalidade demostrada polo alumnado de segundo curso dos módulos de organización de eventos do ciclo de Xestión de Aloxamentos Turísticos.

Conte avec moi con Samuel Mountoumnjou

  Obradoiro pedagóxico de animación á lectura en francés con Samuel Mountoumnjou Conte avec moi. Celebramos o Día das Bibliotecas 2026! 📚✨ O alumnado de Xestión de Aloxamentos Turísticos e Dirección de Servizos participou activamente nunha xornada moi especial da man de Samuel , narrador oral que, unha vez máis, nos sorprendeu coa súa metodoloxía dinámica, creativa e participativa. Contos, emocións, reflexións e moitas ganas de compartir fixeron desta actividade unha experiencia inesquecible para todas as persoas asistentes. 📖 Porque as bibliotecas son espazos vivos que nos conectan, inspiran e fan medrar. Unha sesión inesquecíbel!  Grazas á organización da biblioteca e do Departamento de Idiomas por facer posible unha celebración tan enriquecedora do poder das historias e da palabra en lingua francesa.

Día Das Bibliotecas: Aptas para todos os públicos

  Achégase o Día das Bibliotecas! Celebramos a efeméride con microvisitas guiadas polo alumnado de 2º de XAT e con sesión de contos africanos en francés.

Falante mutante

  Desde o EDLG e a Biblioteca argallamos esta iniciativa para favorecer espazos para o alumnado que quere dar o paso a falar en galego. A primeira reunión será nos dous recreos do mércores (11:00 e 12:00) na Biblioteca do CIFP.

Día das Escritoras 2026: As amigas como forma de liberdade

  Día das Escritoras 2026: As amigas como forma de liberdade

Encontro con María Rei Vilas

  Encontro con María Rei Vilas ao redor da súa obra, Flores de Ferro Agradecemos á autora a súa xenerosidade e o seu tempo para desvelarnos o seu proceso creativo e a investigación realizada para escribir esta obra.

Take 10 to read

  XAT DUAL 1º únese ao reto internacional Take 10 to Read O pasado 8 de outubro , o alumnado de XAT DUAL 1º participou na iniciativa internacional online  Take 10 to Read , promovida polo British Council en colaboración coa National Literacy Trust. Esta campaña convidou a persoas de todo o mundo a dedicar dez minutos á lectura para destacar o impacto positivo dos libros no benestar persoal e na aprendizaxe. O grupo, conectouse en directo na actividade dirixida pola escritoras Coco Omer and Zubs. A actividade desenvolveuse durante a clase de inglés, guiada pola profesora Mercedes Teijeiro Gato , quen animou ao grupo a formar parte deste gran encontro lector internacional. O alumnado sumouse así a unha proposta compartida por centros educativos, bibliotecas e comunidades lectoras de numerosos países.  Esta experiencia permitiu non só practicar a lectura en lingua inglesa, senón tamén reflexionar sobre a importancia de reservar un tempo diario para ler, descubrir novas hist...