Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

Proposta expansiva para as Letras Galegas

      

Difusión da obra de Begoña Caamaño

  A coordinadora da biblioteca do CIFP Compostela, continúa a difundir a obra da escritora Begoña Caamaño, elixida este ano 2026 pola Real Academia Galega para ser a figura representativa do Día das Letras Galegas. O club de lectura do noso centro celebrou no mes de outubro unha sesión ao redor da novela Circe ou o pracer do azul e no mes de maio , comentouse Morgana en Esmelle. Mercedes foi convidada pola biblioteca Benito Pérez Galdós no Centro Cultural Conde Duque de Madrid onde impartiu a charla - coloquio " A vida de Begoña Caamaño a través dos ollos dunha das súas Morganas" o día 20 de abril. Inaugurou como pregoeira , a Feira do Libro de Santiago de Compostela, falando en colectivo, no nome de As Amigas da autora con repercusión na prensa local. Pregón do día 2 de maio de 2026 Foi convidada tamén pola EOI de Lugo, centro onde impartira aulas e no que xa tivera levado a voz de Begoña Caañano a través dos clubs de lectura. "Celebrando a Begoña Caamaño. Unha conve...

Booktrailer: We Should All Be Feminists

  We Should All Be Feminists by Chimamamnda Ngozi Adichie 

Club de lectura do profesorado do mes de maio

  Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño, no mes das Letras Galegas. Cata de viños galegos da man de Elena Quián. Emotivo club de lectura ao redor de Morgana en Esmelle con cata de vinos galegos, ramos de astromelias e o Alalá das Mariñas interpretado polo noso compañeiro César.  🎺 💐💗

O transgredir das ondas

Berrobambán achéganos á figura de Begoña Caamaño en " O transgredir das ondas". Unha peza teatral escrita por Paula Carballeira que podedes consultar na biblioteca do CIFP Compostela.

A maxia da lectura

                                            Con motivo da Semana do Libro, o alumnado de 1º de Educación Infantil do CIFP Compostela saíu da aula para compartir o que mellor sabe facer: contar historias. Realizaron obradoiros de contacontos nas escolas infantís de Raiola , Lamas de Abade , así como no centro de educación especial Duques de Lugo de Aspanaes , fortalecendo vínculos con centros veciños e levando a maxia da lectura a diferentes realidades educativas. Unha experiencia enriquecedora onde aprender tamén significa compartir .     Visita do equipo directivo de Aspanaes