Saltar ao contido principal

Publicacións

Exposición collage e fotografía

  O alumnado de 1º curso de Educación Infantil do módulo o xogo infantil e a súa metodoloxía estivo a traballar baixo a coordinación do profesor Jorge D. Laranjo sobre fotografía e collage. Podedes ver os resultados na exposición que montaron na nosa biblioteca.

Encontro con Soledad Felloza

  Encontro con Sole Felloza, actriz, fotógrafa, investigadora, narradora e apoixoada da cultura oral galega. Presentounos historias de mulleres, galegas e uruguaias, valentes e rompedoras, que marcaron a súa vida. Foi todo un pracer contar coa súa presenza no noso centro. Actividade coordinada pola comisión de igualdade do CIFP Compostela

Narración oral: Vicio houbo sempre

  Divertida e fresca proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade...  A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas. A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta. Actividade ccordinada pola comision de igualdade do CIFP Compostela

Mercado de Nadal

  Únete ao noso curruncho do Apalpador! Data: 16-12-2024 Hora: 11:00-18:00 Lugar: Entrada principal do centro  Este evento único está organizado por 2º de xestión de aloxamentos turísticos, en colaboración cos 3 ciclos de FPBÁSICA do CIFP Compostela, co obxectivo de promover a solidariedade, o consumo responsable e o apoio a causas que marcan a diferenza.  Por que participar? De seguro de que tes roupa no teu armario que agora non utilizas e queremos darte a oportunidade de doala, se asi o desexas, e de adquirir algunha prenda que che guste, todo neste curruncho do apalpador.  Ademais, é unha oportunidade perfecta para coidar o planeta apostando pola moda sostible. Que podes atopar? Pezas de roupa de segunda man. Accesorios e roupa para toda a familia. Non esquezas traer as túas propias bolsas reutilizables. Contamos contigo!

Castañazo pola Igualdade

  Este xoves celebramos o "II Castañazo contra as violencias machistas" cunha grande acollida no CIFP Compostela. Houbo castañas, chocolate, xogos populares, baile tradicional e música, a cargo do "Abadiño Son", o alumnado do CFGS do Integración social, o de FPB de Aloxamento e lavanderia.   Contamos cun posto con fondos específicos da nosa biblioteca e quedamos con ganas de máis!  Moitas grazas ao alumnado e profesorado de Artes Gráficas por ese cartaz tan alegre e combativo! Desde o EDLG, a Comisión de Igualdade e a Biblioteca dámosvos as grazas pola vosa participación.

Encontro con Charo Lopes

  Encontro coa escritora Charo Lopes arredor da súa obra poética no club de lectura do profesorado do mes de novembro no comedor do CIFP Compostela Feminismo, exclusión social, dereitos humanos, represión, disidencia e moita máis. Foi un encontro moi enriquecedor!

Obradoiro de selfies, retratos e feminismos

  Obradoiro sobre selfies, retratos e feminismos coa xornalista e fotógrafa Charo Lopes. Durante este formación monográfica explicáronse conceptos de linguaxe fotográfica e presentáronse exemplos de traballos de artistas contemporáneas O alumnado tivo a oportunidade de levar a teoría á práctica E tamén as profas do equipo da biblioteca! 1-CONTEXTO E OBXECTIVOS A fotografía hoxe, cun uso masificado no noso contexto social, convírtese nunha forma de comunicación complexa e estruturante, na que tamén se definen realidades: que empoderan, invisibilizan, humillan ou restauran, ao igual que as palabras. Con esta actividade traballase a prevención, identificación e sensibilización das diferentes formas de violencia machista através da imaxe e a reprodución de roles opresivos e limitantes, en particular no uso particular do retrato, através da autofoto ou selfie. É urxente irmos desvelando as súas diversas caras para podermos facerlles fronte. Unha das maiores dificultades para enfrontarm...