Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta British Council

Durante dez minutos, o mundo detívose para ler

  Durante dez minutos, o mundo detívose a ler O xoves 8 de outubro de 2026, este xesto tan sinxelo permitiunos acadar un novo récord de GUINNESS WORLD RECORDS™ polo maior número de persoas lendo en liña ao longo de 12 horas. No marco do Ano Nacional da Lectura , a National Literacy Trust e o British Council convidaron persoas lectoras de todo o mundo a participar nun momento colectivo de lectura capaz de superar fronteiras. A resposta foi extraordinaria. Grazas á colaboración da rede de socios educativos e culturais do British Council en 85 países e territorios, participaron máis de 3.000 escolas, bibliotecas, centros de traballo e colectivos comunitarios . Todas elas formaron parte das 153.862 persoas lectoras de 92 países e territorios que fixeron posible este fito histórico. Desde o CIFP Compostela, o grupo de primero curso DUAL de Xestión de Aloxamentos Turísticos participou nesta acción global tal e como informamos no seu día neste blog na entrada Take 10 to read  no...

Take 10 to read

  XAT DUAL 1º únese ao reto internacional Take 10 to Read O pasado 8 de outubro , o alumnado de XAT DUAL 1º participou na iniciativa internacional online  Take 10 to Read , promovida polo British Council en colaboración coa National Literacy Trust. Esta campaña convidou a persoas de todo o mundo a dedicar dez minutos á lectura para destacar o impacto positivo dos libros no benestar persoal e na aprendizaxe. O grupo, conectouse en directo na actividade dirixida pola escritoras Coco Omer and Zubs. A actividade desenvolveuse durante a clase de inglés, guiada pola profesora Mercedes Teijeiro Gato , quen animou ao grupo a formar parte deste gran encontro lector internacional. O alumnado sumouse así a unha proposta compartida por centros educativos, bibliotecas e comunidades lectoras de numerosos países.  Esta experiencia permitiu non só practicar a lectura en lingua inglesa, senón tamén reflexionar sobre a importancia de reservar un tempo diario para ler, descubrir novas hist...