Saltar ao contido principal

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

 


BASES

Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión.

O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras.

Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística.

Participantes: Alumnado do CIFP Compostela

Lingua: Galega

Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024.

Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela.

Xurado:

O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Comentarios

  1. “SONS DE TELEVISIÓN” DE CARLA DEVESA CUTRÍN (2º CS DE EDUCACIÓN INFANTIL).

    Os sons que atormentan as nosas cabezas cada día máis frecuentes e máis preto. O non saber que vai pasar, que será das nosas familias, de nós mesmos… Miles de cuestións e non obteño resposta. Eu son quen de sentir tanto e eles non senten nada. Gañan combates e arrebatan vidas. Iso é só o comezo da historia, non sei cal será o desenlace, espero poder escribilo pero se non son quen, pecha os ollos e pensa en que os sons están preto e eso que só os escoitas a través da televisión.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres díaa 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar
  2. Ainoa Ferreiro Godón. 2EDIN

    A carta que se perdeu no mar

    Imos remando mar adiante, o vento comeza a soprar, a noite asoma, o medo aflora. Penso en ti naiciña, cúrame deste frío, preciso os teus agarimos que cosías con fío.
    Penso nesa imaxe que me aterra, as nosas mans escapando da guerra.
    Escoito os berros ó ritmo das bombas, lémbrome de ti, amigo que voa coas pombas.
    Oxalá poder mirar ao ceo e falarche porque me doe o corazón da rabia de quen nos odia, de quen nos mata, quero a liberdade de correr como un neno sen estar rodeados de veleno.
    Volve naiciña, sálvame antes de convertirme en cinza.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres díaa 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar
  3. Mª Luísa Abet Lafuente 2º CS Integración Social
    Desfagamos a guerra e fagamos a paz
    Existiron tempos nos que os españois buscábamos un lugar donde procurar un sustento económico e atopar unha estabilidade que permitira sustentar ás nosas familias, por iso moitos decidiron migrar. A morriña de voltar á nosa terra era inmensa, como tamén o relatou miles de veces Rosalia de Castro nos seus poemarios. «Non permitás qu’aquí morra,
    airiños de miña terra, qu’ainda penso que de mortahei de sospirar por ela.»
    Aínda así, a inquedanza de voltar e non ter que “meter na boca” era aínda maior.
    Entón, pregúntome todos os días: Por qué lle é tan complexo a xente comprender que haxa persoas que precisen migrar a terras españolas?, e sobre todo como está a pasar co pobo palestino. Xente obrigada a migrar por temas de guerra. Chegan a España, e son decoñecedoras da nosa lingua, aterradas por todo o sufrimento e medo que lles percorre por todo o corpo, tendo que abandoar o seu país de orixe para darlle sustento ás súas familias, ou o pouco do seo familiar que lles queda porque unha parte deles foron asasinados.
    Fai falla máis empatía no mundo, e por qué non comezamos por visibilizalo? Aínda que só sexamos uns poucos os que o fagamos, cada granciño de axuda servirá para crear un apoio para todas esas persoas migradas e espoliadas, e de algún xeito facer que se sintan un pouco menos aterradas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres día 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar
  4. Saray Paredes 1º CS Educación Infantil "VULCANO"

    Eles acabaron con todo, pero non de todo. Primeiro leváronse os nosos bens, e con eles, os recordos de tempos pasados de xuventude, seguiulles a terra, arrebatada das nosas máns. Baixo a premisa de liberdade esparciron o odio sobre a nosa nación, repartindo ignorancia e medo. Agrupáronnos coma un rebaño controlado baixo o ollo xulgador dun home alleo ás nosas vidas, que se levaba un a un ao pozo da morte e o esquecemento, sen embargo, o único que non poden levar son ás nosas almas, onde ronca un xigante durmido, agardando espertar.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres díaa 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar
  5. Nuria Martínez Rodríguez 2ºIS
    "VÉMONOS PRONTO"
    Non sei que fixemos para merecer isto, o que todas conocemos como soidade. Tiña miña vida feliz, non éramos os que posuíamos máis, pero sí os que máis amor se tiñan. Agora empezarei de cero, non teño ao meu marido ni aos meu fillo preto. Onde estarán? Non o sei. Estou baixo os escombros da nosa propia casa, sen poder ver máis alá de un monte de terra e anacos de cemento. Escoito os sollozos do meu propio bebé, e non podo facer nada por el. Cada segundo que pasa son e estou máis débil, adeus, vémonos pronto.

    ResponderEliminar
  6. (Texto corrixido)
    Nuria Martínez Rodríguez 2ºIS
    "VÉMONOS PRONTO"
    Non sei que fixemos para merecer isto, o que todas coñecemos como soidade. Tiña miña vida feliz, non éramos os que posuíamos máis, pero sí os que máis amor se tiñan. Agora empezarei de cero, non teño nin ao meu marido nin ao meu fillo preto. Onde estarán? Non o sei. Estou baixo os escombros da nosa propia casa, sen poder ver máis alá de un monte de terra e anacos de cemento. Escoito os sollozos do meu propio bebé, e non podo facer nada por el. Cada segundo que pasa estou máis débil, adeus, vémonos pronto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres día 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar
  7. Uxía Barbeito Morono
    2 Integración Social

    Tres da mañá.
    Escoito gritos, axitación, choros. Levamos neste zulo 10 días, sin apenas nada.

    Nahid leva de parto 14 horas e eu, unha rapaza de 16 anos, son a única que ofreceu asistila. Non hai auga, non hai toallas, nn sei como facelo.

    Empezan a falar polo baixo, non creen que sobreviva.

    Ninguén axuda.

    Penso na nena que está por nacer, non merece nacer entre escombros, ao frío, sucia.

    Ninguén o merece.

    Egoísmo, eso é o que é a guerra. que será de Nahid? De min? De todas as que veñen?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres día 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar
  8. Ana Candamo García
    Título: Entre sombras e entullos.
    Na escuridade da noite, María abraza aos seus fillos nun recuncho polvoriento do seu fogar esnaquizado. O estrondo das bombas ecoa mentres o medo se cerne sobre eles.
    As bágoas silenciosas reflicten a perda dun fogar e a incerteza do mañá. A súa vida, unha vez plena, agora debuxase en ruínas.
    Os queixumes de veciños desgarran o silencio. Nese instante, María sostén a esperanza con forza, anhelando un amencer onde os seus fillos vivan sen temor.
    Pero por agora, só queda a noite e o eco persistente da destrución.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. 2° de Integración Social

      Eliminar
    2. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres día 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar
  9. GAILA ALVAREZ SANTOS 2ºEDIN
    “PALABRAS DE PAZ”
    “Na escola estamos facendo unha tarefa de clase, non me gustan moito pero, ainda así, a profesora mándanolas facer. Personalmente eu non vexo que sexan de moita utilidade para o que estamos a vivir, non sei que utilidade ten saber canto son dúas mazás máis dúas peras, non vexo de moita utilidade saber cal é o suxeito e o predicado dunha frase, non sei… Xa non sei nada, o que si sei é que quero que as palabras da miña libreta saian e se fagan realidade, palabras como “paz”, “recoinciliación”, “tranquilidade”, “compasión”, “solidaridade”, “armonía”… “
    Unha bomba cae e fai escombros a escola. Mentres os folios dunha libreta, cheos de palabra de paz, voan.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres día 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar
  10. MARIO GONZÁLEZ DOVAL 2ºTSIS
    "A GUERRA INVISIBLE"
    "Na marxinalidade dunha vila asolagada pola guerra, María, cun sorriso feble, sostiña unha carta ennegrecida pola cinza e pó das ruínas. O seu amor, Manuel, partira ao frente, deixándolle a esencia das súas palabras nun papel desgastado polo tempo. Entre ruínas, Maria , sentíase enlazada á súa espera, cuxa promesa resoaba nas palabras deste: "A guerra separanos, mais eu sintome máis preto de ti que nunca." Coas palabras como refuxio, María agardaba a volta do seu benamado, nunha vila onde o sufrimento e a loita erguían sombras, pero o amor persistía coma a luz fráxil tras as noites de escuridade.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola túa participación. Entrega de premios o venres día 2 de febreiro ás 13:30 na biblioteca

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Día de Rosalía 2024

 Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas . A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan" Ó remate da contada, a autora impartiu un miniobradoiro específico para o alumnado do ciclo de educación infantil sobre a didáctica nos contos tradicionais. Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional. E non faltou a poesía de Rosalía de Castro Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada Desde a Biblioteca e o EDLG queremo...