Saltar ao contido principal

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                


                     




BASES

Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión.

O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras.

Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística.

Participantes: Alumnado do CIFP Compostela

Lingua: Galega

Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2025.

Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela.

Xurado:

O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Comentarios

  1. Micro-Relato
    María Jesús Pazos López
    Curso de cociña e gastronomía modular.

    Bagoas non chan


    Tentamos buscar vida en "Marte”, a tecnoloxía asoia as nosas vidas, e na contra, persoas con poder, premen un botón e bum.…

    Unha nube de pó descende enriba de nos; cascallos, e dor.
    Non queda nada, só bagoas de desolación.

    Pais buscando polos fillos, fillos berrando por seus pais,
    Xa non queda nada, só bagoas e dor.

    Para que buscar vida en outros lares, se non respetamos a dos nosos compadres?
    Poñernos na pel dos demais non é doado, pero si "necesario".

    Tentar construir, e non destruir, debería ser o gran obxetivo,
    E valorar a vida para que xamais existan bagoas no chan.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Marichu, grazas pola túa participación. O día 5 de febreiro faremos pública a persoa gañadora.

      Eliminar
    2. Por favor, pasa o xoves, día 6, no recreo da tarde, pola biblioteca ou o venres día 7, no recreo da mañá. Un saúdo

      Eliminar
  2. Ángel Castro López | 2º Integración Social

    O pan de María

    María escoitaba os disparos no monte, pero amasaba o pan coma sempre. Coas mans enfariñadas, miraba pola xanela. Aquel día non viñera Celestino. Nin onte. Nin antonte.

    Cando a porta se abriu, non foi el quen entrou. Era o seu irmán, coa mirada enxoita e o pano encarnado de seu home na man. Sen palabras, pousou un codelo de boroa enriba da mesa, parte do bolo que María lle fixera.

    María soubo que Celestino non volvería. Sentou, molla de suor e medo. O pan no forno queimábase. O seu corazón tamén.

    A guerra levárao todo, agás a fame.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ángel, grazas pola túa participación. O día 5 de febreiro faremos pública a persoa gañadora.

      Eliminar
    2. Por favor, pasa o xoves, día 6, no recreo da tarde, pola biblioteca ou o venres día 7, no recreo da mañá. Un saúdo

      Eliminar
  3. Lidia Gilda López
    2° Integración Social
    "Mamá, por que xogan sen rir?"


    Mamá, vou saír xogar.
    Podo levar a corda para saltar?

    Facía sol.
    Aquela tarde escoitaba as pisadas sobre o chan con cada brinco, o meu veciño contaba mentres os demais corrían a agocharse.
    As cancións, mesturadas coas nosas risas, enchían a rúa.

    Hoxe parece que trona.
    Non se ve con esa nube de po.

    Mamá quere xogar ó escondite comigo.
    Pídeme que estea queda,
    que non ría,
    que non faga ruído.

    Mamá chora,
    busca o silencio.
    Non nos poden atopar.

    Escoito brincos, ninguén salta.
    Non entendo por que corren así,
    por que teñen medo ó escapar.

    Supoño que non saben xogar.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Lidia, grazas pola túa participación. O día 5 de febreiro faremos pública a persoa gañadora.

      Eliminar
    2. Por favor, pasa o xoves, día 6, no recreo da tarde, pola biblioteca ou o venres día 7, no recreo da mañá. Un saúdo

      Eliminar
  4. Óscar Villar García30 de xaneiro de 2025, 09:22

    1º ZMCOGA

    As Pedras Silenciadas

    No medio do fume e o ruído, un rapaz palestino atopa unha pedra. Míraa como se fose a súa única esperanza. Na súa mirada, hai tristeza e resistencia.

    Ao lonxe, os avións sobrevoan o ceo só iluminado pola claridade dos edificios ardendo, pero a pedra é o seu único refuxio.

    Un soldado israelí de apenas 20 anos achégase e obsérvao . O neno non solta a pedra. O soldado, en silencio, agáchase e devólvelle a mirada, coma se recoñecese nese xesto a fraxilidade e medo de ambos. Ningún di unha verba.

    Só o eco da guerra lles recorda que a paz nunca foi unha opción.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Óscar, grazas pola túa participación. O día 5 de febreiro faremos pública a persoa gañadora.

      Eliminar
    2. Por favor, pasa o xoves, día 6, no recreo da tarde, pola biblioteca ou o venres día 7, no recreo da mañá. Un saúdo

      Eliminar
  5. Uxia Moure
    2 Integración social


    Querido irmán:
    Cada vez escoito menos. Supoño que é algo normal cando o aire cheira a pólvora. Papá sigue dicindo que son os foguetes, igual que cando marchache.
    Decateime de que non recordo como se sentía ter un lar... Agora que papá mais eu estamos en silencio e o último muro da nosa casa caeu, o noso fogar converteuse nunha terra de ninguén, e o recordo de cando era noso só me fai querer marchar con vós.
    Votote de menos. Perdón por non coidarte mellor. Perdón por deixarte alí.
    Pensote sempre. Quérote forte. Sintote preto. Véxote pronto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Por favor, pasa o xoves, día 6, no recreo da tarde, pola biblioteca ou o venres día 7, no recreo da mañá. Un saúdo

      Eliminar
  6. Uxia, grazas pola túa participación. O día 5 de febreiro faremos pública a persoa gañadora.

    ResponderEliminar
  7. Hola papá.
    Voy a salir un rato con mis amigos
    -Vale hijo, ten cuidado
    esto dias antes de la tragedia de este problema bélico
    tras empezar esta Guerra entre Rusia e Ucrania.
    Disparos empezaron a sonar cuando estaba con mis amigos. Salimos corriendo nada mas oírlos.En menos de un minuto estábamos todos escondidos. Temblando de miedo. No paraba de pensar en que sería de mi familia. ¿Cómo estarían?. Hablando con mis amigos los cuales me calmaron tras el sonido de los disparos.
    Después de eso, pasaron unos días cuando Rusia empezó con sus oleadas de matanzas, tirándonos una bomba. Explotando medio centro de la ciudad. Todos escapamos como pudimos, claro, no todos corrieron la misma suerte.
    Así empezo esta maldita guerra. Eterna.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola participación. O microrrelato, tal e como se indica nas bases debe estar escrito en galego. Aínda estás a tempo!

      Eliminar
    2. Por favor, pasa o xoves, día 6, no recreo da tarde, pola biblioteca ou o venres día 7, no recreo da mañá. Un saúdo

      Eliminar
  8. Ían Fajardo Tubío31 de xaneiro de 2025, 17:34

    Ían Fajardo Tubío - 2° Integración Social
    E seremos cinza de novo, terra de olivas, de corpos sen vida, de ahí é de onde vimos, eso é o que nos merecemos.
    Non é alleo o que está lonxe, se non o que miras para outro lado.
    Na outra parte do mundo, hai dous nenos gazatíes xogando descalzos coa pelota, pola cara salpica fórforo branco. Eles bailan, entre ruido de bombas, e nós bailamos, contentos, dunha realidade que xamáis será a nosa, allea.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ían, grazas pola túa participación. O día 5 de febreiro faremos pública a persoa gañadora.

      Eliminar
    2. Por favor, pasa o xoves, día 6, no recreo da tarde, pola biblioteca ou o venres día 7, no recreo da mañá. Un saúdo

      Eliminar
  9. C.M Cociña e gastronomía/ Elvira Rubianes
    Gregoria, unha araña manipulada e liberada dun laboratorio militar clandestino durante a guerra, nunca intentara fuxir. Vira moitas compañeiras morrer atravesando os umbrais das gaiolas e Gregoria sentíase medorenta.
    As súas patas deslízanse sobre a lama trepando sobre corpos inertes e estraños paxaros sobrevoan o ceo botando bombas de purpurina recendo a pan. Escoita o ladrido de Xira que move o rabo dun lado a outro. Gregoria encamíñase ao seu lombo cheo de cores, abrázaa coas poucas patiñas que lle quedan mentres Xira se dirixe cara á oliveira ao final deste tempo de morte e comezo da vida.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Elvira, grazas pola túa participación. O día 5 de febreiro faremos pública a persoa gañadora.

      Eliminar
    2. Por favor, pasa o xoves, día 6, no recreo da tarde, pola biblioteca ou o venres día 7, no recreo da mañá. Un saúdo

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día das Bibliotecas 2024

 Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible Microvisitas guiadas à biblioteca do CIFP Compostela  da man do alumnado de XAT 2⁰ curso, módulo comercialización e eventos e profesorado do equipo da biblioteca. Por outros 364 días màis 💥 Moitas grazas pola colaboración, planificación e traballo ben feito!