Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

Club de lectura do profesorado do mes de febreiro

  O corpo de Cristo de Bea Lema no club de lectura do profesorado do mes de febreiro.

Coffee sessions: The wind began to rock the grass

  Sesión do club de lectura en inglés do mes de xaneiro. The wind began to rock the grass by Emily Dickinson.

Harry Potter no CIFP Compostela

  O día 28 de xaneiro a maxia dos libros encheu o comedor do CIFP Compostela da man do profesor Samuel e o seu alumnadode Dirección de Servizos que nos transportaron a Hogwarts nun evento no que Harry Potter foi o protagonista principal. 

Obradoiro: Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

  Alumnado e profesorado da FP Básica , asistiron ao obradoiro “ Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais ”,  onde traballaron sobre uso responsable das TIC , reforzando a competencia en redes sociais , facendo fincapé na identidade dixital e na   privacidade . O obradoiro estivo impartido por Claudia Arias , fomadora da  AMTEGA  coordinado pola biblioteca escolar dentro do marco de accións do Plan Dixital do CIFP Compostela.

Obradoiros: Como defendo o meu proxecto de final de ciclo

  Prazas limitadas.  Inscricións: biblioteca.cifp.compostela@edu.xunta.gal

Acto de entrega de fondos do Consorcio de Santiago de Compostela

  Profesorado do equipo directivo e da biblioteca do CIFP Compostela asistiron  ó acto de entrega dunha selección de libros pertencentes ás seis coleccións do fondo editorial do Consorcio de Santiago de Compostela para fornecer a biblioteca escolar do centro. Parabéns pola iniciativa e moitas grazas por contar co CIFP Compostela

XX campaña de animación á lectura: Ler para crecer

  O día 14 de xaneiro, participamos na sesión formativa para docente da XX campaña de animación á lectura na sede de Afundación. Entre o material base atopamos os sete últimos álbums gañadores do Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrado, que convoca o Departamento de Educación xunto coa editorial Kalandraka Galicia. Agradecemos ó Departamento de Educación do Concello de Santiago o convite á sesión formativa e os intereseantes materiais facilitados para traballar desde as aulas e a biblioteca escolar.

Club de lectura do profesorado do mes de xaneiro

  Ubasute é o máis recente texto da dramaturga galega Paula Carballeira logo do recoñecemento co Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023. Publicada pola Editorial Galaxia foi seleccionada pola Revista Babelia como un dos 5 mellores textos editados en galego no 2024. Así mesmo, foi merecedora do Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de Teatro. Sesión moi controvertida 👀 Agradecemos o fantástico servizo da profesora Elena Quián e o seu alumnado.

A lecto escritura no XIX Encontro Galego de Postcrossing

  A nosa biblioteca acolleu o #XIXEncontroGalegoDePostcrossing o día 8 de xaneiro. A temática elixida foi o Braille. Comezamos o segundo trimestre con unha actividade que encheu a biblioteca e onde tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man, con profesionais da Fundación ONCE e voluntariado dos diferentes clubs de Braille galegos, o funcionamento deste sistema de lecto escritura. Tamén descubrimos moitos materiais utilizados polas personas cegas. E tivemos a oportunidade de experimentar coas máquinas Perkins. Foi unha experiencia moi enriquecedora. E por suposto, tamén respostamos todas as postais recibidas ó longo do último mes coa postal exclusiva do encontro. Recibimos moitas postais, as máis interesantes en diferentes sistemas de escritura. Foi unha tarde moi produtiva.

As vidas de Isaac Díaz Pardo

  Loli Beloso lévanos da man pola vida e legado de Isaac Díaz Pardo, unha figura imprescindible da cultura e da arte galega. Un encontro para por en valor a creación, a memoria colectiva e a identidade que nos define como pobo. Tivemos dous encontros coa divulgadora en horarios de mañá e tarde. Alumnado de diferentes ciclos asistiu á primeira actividade da IX Semana das Letras Vivas organizada pola Biblioteca e o EDLG. Realizamos tamén unha visita guiada á exposición arredor da figura de Isaac Díaz Pardo e das diferentes etapas das fábricas de cerámica e bibliografía da época. Na entrada do CIFP Compostela atoparedes un busto realizado polo escultor José Morales e diferentes fiuras de Sargadelos alegóricas do Camiño de Santiago  Non deixedes de visitar a exposición nos vindeiros días. A mostra complementase con unha sección de xoias solidarias. Os beneficios desta iniciativa son para apoiar a investigación do cancro a través da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica lid...

III Concurso Microrrelatos sobre os Conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2026. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local