Loli Beloso lévanos da man pola vida e legado de Isaac Díaz Pardo, unha figura imprescindible da cultura e da arte galega. Un encontro para por en valor a creación, a memoria colectiva e a identidade que nos define como pobo.
Alumnado de diferentes ciclos asistiu á primeira actividade da IX Semana das Letras Vivas organizada pola Biblioteca e o EDLG.
Realizamos tamén unha visita guiada á exposición arredor da figura de Isaac Díaz Pardo e das diferentes etapas das fábricas de cerámica e bibliografía da época.
Na entrada do CIFP Compostela atoparedes un busto realizado polo escultor José Morales e diferentes fiuras de Sargadelos alegóricas do Camiño de Santiago
A mostra complementase con unha sección de xoias solidarias. Os beneficios desta iniciativa son para apoiar a investigación do cancro a través da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica liderada polo doutor Ángel Carracedo.

Comentarios
Publicar un comentario