A nosa biblioteca acolleu o #XIXEncontroGalegoDePostcrossing o día 8 de xaneiro. A temática elixida foi o Braille.
Comezamos o segundo trimestre con unha actividade que encheu a biblioteca e onde tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man, con profesionais da Fundación ONCE e voluntariado dos diferentes clubs de Braille galegos, o funcionamento deste sistema de lecto escritura.
Tamén descubrimos moitos materiais utilizados polas personas cegas.
E tivemos a oportunidade de experimentar coas máquinas Perkins.
Foi unha experiencia moi enriquecedora.
E por suposto, tamén respostamos todas as postais recibidas ó longo do último mes coa postal exclusiva do encontro.
Recibimos moitas postais, as máis interesantes en diferentes sistemas de escritura.







Comentarios
Publicar un comentario