Con motivo da Semana do Libro, o alumnado de 1º de Educación Infantil do CIFP Compostela saíu da aula para compartir o que mellor sabe facer: contar historias.
Realizaron obradoiros de contacontos nas escolas infantís de Raiola, Lamas de Abade, así como no centro de educación especial Duques de Lugo de Aspanaes, fortalecendo vínculos con centros veciños e levando a maxia da lectura a diferentes realidades educativas.
Unha experiencia enriquecedora onde aprender tamén significa compartir.
Visita do equipo directivo de Aspanaes
Comentarios
Publicar un comentario