Hoxe comezou a descarga de intervencións artísticas da VIII Festa das Letras Vivas no CIFP Compostela.
Fixémolo coa proxección do vídeo-poema "Delincuente" de Nuria Vil seguida dun interesantísimo coloquio coa escritora.
Ademais asinou exemplares do seu poemario "Simún" que xa tedes á vosa disposición na biblioteca do centro e agasallounos cunha foto para o noso particular álbum do mural das nosas familias profesionais "En galego tratámonos ben" da artista Ana Santiso.
Grazas mil, Nuria Vil!
Comentarios
Publicar un comentario