Saltar ao contido principal

Publicacións

XIX Encontro Galego de Postcrossing: Braille

  Á volta das vacacións, o día 8 de xaneiro de 2026, a biblioteca do CIFP Compostela, acolle a celebración do XIX Encontro Galego de Postcrossing arredor do Braille en colaboración Con Cafi_Incluídas e a Fundación ONCE. Se queres recibir unha postal conmemorativa do evento, creada para esta ocasión por alumnado da FP Básica de artes gráficas: Envía a túa Inclué unhas liñas sobre a túa experiencia do Braille, algún dato curioso que te chamara a atención, información/reflexión relacionada coa accesibilidade ou a comunicación táctil ou un saúdo para o encontro. Non esquezas incluir os teus datos!

Showroom de roupa, xoguetes e complementos de segunda man

  O alumnado de segundo Xestión de Aloxamentos Turísticos ordinario vai organizar un "Showroom de entrega de roupa e xoguetes de segunda man",  actividade que xorde, o curso pasado, da iniciativa da nosa compañeira Olga Amigo e, para a toda comunidade educativa do CIFP Compostela; realizarase os días mércores 17 de decembro (entre 10:30 e 14:00) e o xoves 18 de decembro (entre 16:30 e 19:30) na Aula 4 (edificio principal).   Por este motivo, solicitamos a participación de alumnado / profesorado / persoal non docente, a través da doazón de roupa/calzado/complementos e xoguetes que xa non precisades, pero que aínda están en bo estado, deixándoos nas caixas que ides ter nas aulas. Farase unha selección dos mesmos e logo expoñeranse nesa aula 4 para que todo aquel, especialmente alumnado, que atope algo que lle guste, poida levalo. As data límite para a recollida é o 9 de decembro. Contamos coa vosa participación!

Club de lectura do profesorado do mes de decembro

  Cousas pequenas coma estas de Claire Keegan O inverno de 1985 é frio e húmido na pequena vila irlandesa de New Ross. Bill Furlong, dono dun almacén de leña e carbón, ocúpase con dilixencia dos numerosos pedidos. Furlong é un home honrado, un xefe xusto e un pai de familia bondadoso. A súa única preocupación é dar conta do traballo e que non lles falte de nada ás súas cinco fillas e á súa muller Eileen. Pero unha mañá, ao entregar un cargamento no convento da vila, bate cunha situación perturbadora. E daquela debe decidir se mirar para outro lado e agachar a cabeza, como fan todos, ou tomar partido a pesar das consecuencias. Trad. Isaac Xubín Claire Keegan (Wicklow, 1968) é unha escritora irlandesa.  Recoñecida internacionalmente polos seus contos, estes foron publicados en revistas como The New Yorker,​ Granta e The Paris Review,​ ademais de gañar diversos premios literarios.​ A súa obra foi traducido a máis de oito idiomas e comparada coa de autores como Carson McCullers, L...

Coffee sessions. Club de lectura en inglés 25N

  Dear Ijeawele, or a Feminist Manifesto In Fifteen Suggestions da autora Chimamanda Ngozi Adichie hoxe, 25 de novembro, no club de lectura  en inglés con Talía Snyder en diferentes formatos.

Estación de aprendizaxe en CAFI Incluídas_2

  O sábado 22 de novembro, a coordinadora da biblioteca, Mercedes Teijeiro, participou como relatora na segunda fase do curso Incluídas organizado polo CAFI na EGAP en Santiago de Compostela. Nas sesións da tarde, as persoas asistentes-persoal docente, inspector e asesor- traballaron rotando de xeito participativo, en diferentes estacións de aprendizaxe facilitadas por participantes da edición anterior do curso e na mobilidade Erasmus + na universidade de Porto. ● Estación rosa:  Normativa sobre inclusión en Galicia (Román Latas Calvo)  ● Estación verde. Casos prácticos (Manuel Miguéns Pérez)  ● Estación laranxa. Materiais manipulativos ( Mercedes Teijeiro Gato)  ● Estación amarela. Inclusión en Francia e Portugal (Kerry Ann McKevitt)  ● Estación azul. O proxecto Erasmus + “Incluídas” (Ana Lojo Dieste) O profesorado interesaddo neste proxecto de inclusión educativa pode subscribirse á newsletter do programa para recibir información actualizada.

Ciclo de curtas

  O día 24 de novembro comeza o ciclo de curtas co fin de ser unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero polo 25N, animámosvos a asistir a estas xornadas organizadas polo voluntariado  de 1 CS Integración Social"

III Castañazo pola Igualdade

  Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Comisión de Igualdade do CIFP Compostela e a Coordinación de Biblioteca impulsamos unha nova edición  III Castañazo contra as violencias machistas , un magosto no que colaboran, diferentes grupos de alumnado e profesorado: de Aloxamento e Lavandaría, Integración Social, Educación Infantil... Desta volta, no marco dun programa máis amplo de actividades desenvolto pola Comisión de Igualdade durante esta semana reivindicativa do 25N, "Dia Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres". Desenvolverase onde o curso anterior, na entrada principal (se chove, nos soportais da cafetería), o  xoves 27 de novembro a partir das 13:00 horas.   Facilitarase, nos casos que sexa posible, o cambio da actividade lectiva para a participación no magosto, polo que os grupos participantes acudirán ao mesmo acompañados polo profesorado correspondente. Haberá, ademais de castañas, un posto da Biblioteca con fondos específic...