Saltar ao contido principal

Showroom de roupa, xoguetes e complementos de segunda man

 





O alumnado de segundo Xestión de Aloxamentos Turísticos ordinario vai organizar un "Showroom de entrega de roupa e xoguetes de segunda man",  actividade que xorde, o curso pasado, da iniciativa da nosa compañeira Olga Amigo e, para a toda comunidade educativa do CIFP Compostela; realizarase os días mércores 17 de decembro (entre 10:30 e 14:00) e o xoves 18 de decembro (entre 16:30 e 19:30) na Aula 4 (edificio principal).  

Por este motivo, solicitamos a participación de alumnado / profesorado / persoal non docente, a través da doazón de roupa/calzado/complementos e xoguetes que xa non precisades, pero que aínda están en bo estado, deixándoos nas caixas que ides ter nas aulas. Farase unha selección dos mesmos e logo expoñeranse nesa aula 4 para que todo aquel, especialmente alumnado, que atope algo que lle guste, poida levalo.

As data límite para a recollida é o 9 de decembro.

Contamos coa vosa participación!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local