XAT DUAL 1º únese ao reto internacional Take 10 to Read
O pasado 8 de outubro, o alumnado de XAT DUAL 1º participou na iniciativa internacional Take 10 to Read, promovida polo British Council en colaboración coa National Literacy Trust. Esta campaña convidou a persoas de todo o mundo a dedicar dez minutos á lectura para destacar o impacto positivo dos libros no benestar persoal e na aprendizaxe. O grupo, conectouse en directo na actividade dirixida pola escritoras Coco Omer and Zubs.
A actividade desenvolveuse durante a clase de inglés, guiada pola profesora Mercedes Teijeiro Gato, quen animou ao grupo a formar parte deste gran encontro lector internacional. O alumnado sumouse así a unha proposta compartida por centros educativos, bibliotecas e comunidades lectoras de numerosos países.
Esta experiencia permitiu non só practicar a lectura en lingua inglesa, senón tamén reflexionar sobre a importancia de reservar un tempo diario para ler, descubrir novas historias e ampliar horizontes culturais. A lectura constitúe unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento das competencias lingüísticas, o pensamento crítico e o crecemento persoal.
Parabéns ao alumnado de XAT DUAL 1º pola súa participación nesta iniciativa global que demostra que, ás veces, tan só dez minutos de lectura poden marcar a diferenza.
📚 Take 10 to Read. Read for pleasure, read for wellbeing! ✨


Comentarios
Publicar un comentario