Club de lectura do profesorado do mes de xaneiro para comentar Fried Green Tomates At The Whisle Stop Café/ Tomates verdes fritos da autora Fannie Flag 🍏🍏🍏 e viaxar até o estado de Alabama nos EE.UU.
Esta semana a biblioteca do CIFP Compostela estivo presente na VI Feira das Profesións celebrada no IES Rosalía de Castro da man da nosa compañeira Verónica Escudero. O kamishibai foi todo un éxito!
Sara Iglesias do club de lectura de Educación Infantil 1 realizou unha presentación da obra da autora Rosalía Morlán, que a través do álbum ilustrado " O dragón Antòn e o sapo Rosendo viaxan ata os faros" fai un percorrido a través da poesía dos faros da costa galega.
Obradoiros de expresión oral e técnicas de comunicación dirixidos ó alumnado que ten que presentar o seu proxecto de fin de ciclo. Prazas limitadas! Elixe a túa quenda Envía un email ó correo electrónico da biblioteca para reservar a túa praza.
BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2025. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local
O alumnado de 1º curso de Educación Infantil do módulo o xogo infantil e a súa metodoloxía estivo a traballar baixo a coordinación do profesor Jorge D. Laranjo sobre fotografía e collage. Podedes ver os resultados na exposición que montaron na nosa biblioteca.
Encontro con Sole Felloza, actriz, fotógrafa, investigadora, narradora e apoixoada da cultura oral galega. Presentounos historias de mulleres, galegas e uruguaias, valentes e rompedoras, que marcaron a súa vida. Foi todo un pracer contar coa súa presenza no noso centro. Actividade coordinada pola comisión de igualdade do CIFP Compostela