Saltar ao contido principal

Publicacións

Unha ollada sobre Palestina

  Unha ollada sobre Palestina con fotografías realizadas por Hosny Salah, xornalista e fotógrafo palestino. Podedes consultar aquí o dossier da exposición. Na biblioteca temos unha selección de obras de autores e autoras palestinas e tamén comics moi interesantes!

Día do Libro de 2025

  Celebramos o 23 de abril, Día do Libro coa actriz Mónica Caamaño Hoxe, Día do Libro, celebramos por todo o alto unha nova achega da programación da VIII Festa das Letras Vivas coa representación teatral "Da voz de Morgana".  Este monólogo de Mónica Camaño está baseado na novela de Begoña Caamaño "Morgana en Esmelle", á vosa disposición na Biblioteca.

Fóra de campo de Rosalía Fernández Rial

  Medrar fóra de campo

Día mundial da literatura infantil e xuvenil

  Alumnado do ciclo de educación infantil e voluntariado da biblioteca escolar están a artellar unha xornada de contacontos e teatro para reflexionar sobre a Alimentamentación saudábel. O día 2 de abril, Día mundial da Literatura Infantil e Xuvenil teremos un público de excepción, alumando do CEIP Lamas de Abade!

Yeguas exhaustas de Bibiana Collado Cabrera

 

Ciberseguridade e pegada dixital

  Alumnado da FP Báscia  do CIFP Compostela  asistou hoxe á formación: Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais impartida por David Bascoy, experto en ciberseguridade e protección de datos personais. Esta actividade, coordinada desde a biblioteca escolar, está enmarcada na Plan dixital do centro e promove a Alfabetización Mediática e Informacional.

Nuria Vil presenta Delincuente

  Hoxe comezou a descarga de intervencións artísticas da VIII Festa das Letras Vivas no CIFP Compostela. Fixémolo coa proxección do vídeo-poema "Delincuente" de Nuria Vil  seguida dun interesantísimo coloquio coa escritora. Ademais asinou exemplares do seu poemario "Simún" que xa tedes á vosa disposición na biblioteca do centro e agasallounos cunha foto para o noso particular álbum do mural das nosas familias profesionais "En galego tratámonos ben" da artista Ana Santiso. Grazas mil, Nuria Vil!