XAT DUAL 1º únese ao reto internacional Take 10 to Read O pasado 8 de outubro , o alumnado de XAT DUAL 1º participou na iniciativa internacional online Take 10 to Read , promovida polo British Council en colaboración coa National Literacy Trust. Esta campaña convidou a persoas de todo o mundo a dedicar dez minutos á lectura para destacar o impacto positivo dos libros no benestar persoal e na aprendizaxe. O grupo, conectouse en directo na actividade dirixida pola escritoras Coco Omer and Zubs. A actividade desenvolveuse durante a clase de inglés, guiada pola profesora Mercedes Teijeiro Gato , quen animou ao grupo a formar parte deste gran encontro lector internacional. O alumnado sumouse así a unha proposta compartida por centros educativos, bibliotecas e comunidades lectoras de numerosos países. Esta experiencia permitiu non só practicar a lectura en lingua inglesa, senón tamén reflexionar sobre a importancia de reservar un tempo diario para ler, descubrir novas hist...