O programa de microvisitas guiadas á biblioteca, organizadas pola profesora Eva Pintor coa colaboración da biblioteca e a profesora Ana Yañez cos módulos de organización de eventos, resultaron todo un éxito. O alumnado de nova incorporación tivo a oportunidade de coñecer a organización do espazo e afondar na búsqueda de información de xeito riguroso na semana na que a UNESCO promove a celebración da AMI(Alfabetización Mediática e Informacional).
Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado participante! Desde a biblioteca queremos agradecer o esforzo e profesionalidade demostrada polo alumnado de segundo curso dos módulos de organización de eventos do ciclo de Xestión de Aloxamentos Turísticos.



Comentarios
Publicar un comentario