Saltar ao contido principal

Obradoiro de escrita creativa na biblioteca Ánxel Casal

 


Obradoiro de escrita creativa na biblioteca Ánxel Casal




Comeza o curso e na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal poñemos en marcha un obradoiro de escrita creativa para mozas e mozos entre 15 e 18 anos.

 

O obradoiro titúlase Isto non estaba escrito e estará coordinado por Alicia Fernández e Eduard Velasco, escritores, docentes e con ampla experiencia en obradoiros de escrita e clubs de lectura, ademais de cofundadores e libreiros da Libraría Chan da Pólvora.

As sesións terán lugar entre as 17:00 e as 18:30 os seguintes venres: 2, 16 e 30 de outubro, 13 e 27 de novembro e 11 de decembro. 

 

A inscrición faise exclusivamente a través do formulario que se atopa na páxina web da Biblioteca e remata o día 15 de setembro (martes) ás 23:59.

É imprescindible ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia antes de inscribirse.

 

Hai 15 prazas que se adxudicarán por sorteo. A relación de persoas admitidas publicarase na páxina web a partir do día 16 de setembro.

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

III Concurso Microrrelatos sobre os Conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2026. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local