O xoves 27 de febreiro presentamos no
centro unha exposición cedida polo IES Virxe do Mar de Noia. Son 18
obras plásticas baseadas na artista Christine Kim realizadas polo
estudantado de 4º de ESO e asociadas cada unha delas a unha poesía dunha
autora ou autor galego.
Convidamos a toda a comunidade educativa a achegarse e disfrutar das mesmas. Estará no hall do edificio ata finais do mes de marzo.
Grazas ao IES Virxe do Mar por compartir esta fermosa produción pictográfica e poética.
Esta exposición complementase na biblioteca do CIFP Compostela onde podedes consultar todas as obras poéticas de referencia .
Comentarios
Publicar un comentario