Saltar ao contido principal

Publicacións

Comeza o Club de lectura Marco Polo

  O club de lectura Marco Polo comeza a súa andaina. Facilitado pola profesora Clara Gómez-Reino e dirixido ao alumnado de ciclo medio de Impresión Gráfica e Preimpresión Dixital.

IV Castañazo contra as violencias

  Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Comisión de Igualdade do CIFP Compostela e a Coordinación de Biblioteca impulsamos unha nova edición do Magosto . No " IV Castañazo contra as violencias"  colaboran, diferentes grupos de alumnado e profesorado: de Aloxamento e Lavandaría, Educación Infantil, Integración Social... Cun programa consolidado de actividades en colaboración coa Comisión de Igualdade ás portas da semana reivindicativa do 25N, "Dia Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres".

Love me tender de Ana Romaní

  Este poemario, Love me tender(24 poemas para unha caixa de música e un cilindro), é unha edición ampliada do poemario escrito hai máis de vinte anos por Ana Romaní e que temos agora da man de Chan da pólvora. Esta é unha obra na que partindo do dato de que dun 30% a un 50% das mulleres sofren violencia a mans das súas parellas desenvolve esa experiencia dolorosa ao longo das súas fases e emocións.

Todas as persoas desempeñamos un papel: alfabetización mediática e informacional para a cidadanía.

  Que é a AMI? (segundo a Unesco) A alfabetización mediática e informacional (AMI) comprende un conxunto de competencias que lle permiten ás persoas buscar, avaliar criticamente, usar e achegar información e contidos mediáticos de xeito intelixente; coñecer os nosos dereitos no ámbito dixital; entender como combater o discurso de odio en liña, a desinformación, as noticias falsas e o ciberacoso; comprender as cuestións éticas relacionadas co acceso á información e o seu uso; e interactuar cos medios e as TIC, actuando como persoas produtoras de información e contidos, para promover a igualdade, a libre expresión, a pluralidade nos medios e na información, o diálogo intercultural/interrelixioso e a paz. Celebramos a semana AMI do 24 ao 31 de outubro de 2026💥   Alumnado de diversos ciclos, participou no obradoiro impartido pola xornalista Fernando González Macías para reflexionar ao redor dos medios de comunicación e as redes sociais e estimular o pensamento crítcio. Esta activ...

Microvisitas guíadas á biblioteca 2026

  O programa de  microvisitas guiadas á biblioteca, organizadas pola profesora Eva Pintor coa colaboración da biblioteca e a profesora Ana Yañez cos módulos de organización de eventos, resultaron todo un éxito. O alumnado de nova incorporación tivo a oportunidade de coñecer a organización do espazo e afondar na búsqueda de información de xeito riguroso na semana na que a UNESCO promove a celebración da AMI(Alfabetización Mediática e Informacional). Unha actividade xa consolidada e que esperamos poda repetirse no vindeiro curso. Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado participante! Desde a biblioteca queremos agradecer o esforzo e profesionalidade demostrada polo alumnado de segundo curso dos módulos de organización de eventos do ciclo de Xestión de Aloxamentos Turísticos.

Conte avec moi con Samuel Mountoumnjou

  Obradoiro pedagóxico de animación á lectura en francés con Samuel Mountoumnjou Conte avec moi. Celebramos o Día das Bibliotecas 2026! 📚✨ O alumnado de Xestión de Aloxamentos Turísticos e Dirección de Servizos participou activamente nunha xornada moi especial da man de Samuel , narrador oral que, unha vez máis, nos sorprendeu coa súa metodoloxía dinámica, creativa e participativa. Contos, emocións, reflexións e moitas ganas de compartir fixeron desta actividade unha experiencia inesquecible para todas as persoas asistentes. 📖 Porque as bibliotecas son espazos vivos que nos conectan, inspiran e fan medrar. Unha sesión inesquecíbel!  Grazas á organización da biblioteca e do Departamento de Idiomas por facer posible unha celebración tan enriquecedora do poder das historias e da palabra en lingua francesa.

Día Das Bibliotecas: Aptas para todos os públicos

  Achégase o Día das Bibliotecas! Celebramos a efeméride con microvisitas guiadas polo alumnado de 2º de XAT e con sesión de contos africanos en francés.

Falante mutante

  Desde o EDLG e a Biblioteca argallamos esta iniciativa para favorecer espazos para o alumnado que quere dar o paso a falar en galego. A primeira reunión será nos dous recreos do mércores (11:00 e 12:00) na Biblioteca do CIFP.

Día das Escritoras 2026: As amigas como forma de liberdade

  Día das Escritoras 2026: As amigas como forma de liberdade

Encontro con María Rei Vilas

  Encontro con María Rei Vilas ao redor da súa obra, Flores de Ferro Agradecemos á autora a súa xenerosidade e o seu tempo para desvelarnos o seu proceso creativo e a investigación realizada para escribir esta obra.

Take 10 to read

  XAT DUAL 1º únese ao reto internacional Take 10 to Read O pasado 8 de outubro , o alumnado de XAT DUAL 1º participou na iniciativa internacional online  Take 10 to Read , promovida polo British Council en colaboración coa National Literacy Trust. Esta campaña convidou a persoas de todo o mundo a dedicar dez minutos á lectura para destacar o impacto positivo dos libros no benestar persoal e na aprendizaxe. O grupo, conectouse en directo na actividade dirixida pola escritoras Coco Omer and Zubs. A actividade desenvolveuse durante a clase de inglés, guiada pola profesora Mercedes Teijeiro Gato , quen animou ao grupo a formar parte deste gran encontro lector internacional. O alumnado sumouse así a unha proposta compartida por centros educativos, bibliotecas e comunidades lectoras de numerosos países.  Esta experiencia permitiu non só practicar a lectura en lingua inglesa, senón tamén reflexionar sobre a importancia de reservar un tempo diario para ler, descubrir novas hist...

Exposición " 7 linguas, 7 colonialismos"

  A pegada da dominación na identidade, a cultura e a palabra. 7 linguas, 7 colonialismos percorre distintos casos de dominación colonial para amosar como o poder non só ocupa territorios, senón que transforma ou destrúe culturas, linguas e formas de vida. Unha invitación a reflexionar sobre o pasado e o presente. Poderás ler e escoitar os textos nas diferentes linguas que se estudan na EOI de Santiago de Compostela Entrada principal do CIFP Compostela, do 25 de setembro ao 9 de outubro. Máis información aquí Exposición cedida pola EOI de Santiago de Compostela. Organiza: Departamento de idiomas do CIFP Compostela. Colaboran: EDLG e Biblioteca do CIFP Compostela. A non perder!

Programa de voluntariado na BE curso 2026-2027

 

Club de lectura do profesorado curso 2026-2027

 Comeza o club de lectura do profesorado! Entrevista con Lucía Solla

Obradoiro de escrita creativa na biblioteca Ánxel Casal

  Obradoiro de escrita creativa na biblioteca Ánxel Casal Comeza o curso e na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal poñemos en marcha un obradoiro de escrita creativa para mozas e mozos entre 15 e 18 anos .   O obradoiro titúlase Isto non estaba escrito e estará coordinado por Alicia Fernández e Eduard Velasco, escritores, docentes e con ampla experiencia en obradoiros de escrita e clubs de lectura, ademais de cofundadores e libreiros da Libraría Chan da Pólvora. As sesións terán lugar entre as 17:00 e as 18:30 os seguintes venres: 2, 16 e 30 de outubro, 13 e 27 de novembro e 11 de decembro.    A inscrición faise exclusivamente a través do formulario que se atopa na páxina web da Biblioteca e remata o día 15 de setembro (martes) ás 23:59. É imprescindible ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia antes de inscribirse.   Hai 15 prazas que se adxudicarán por sorteo. A relación de persoas admitidas publicarase na páxina web a partir do día ...

Selo Biblioteca escolar solidaria

 Por terceiro curso escolar consecutivo, a biblioteca do CIFP Compostela obtén o selo de Biblioteca escolar solidaria, distinción que recoñece as funcións da biblioteca como espazo dinámico e comprometido socialmente. Queremos felicitar a todo o equipo da biblioteca e especialmente, ao alumnado participante no programa de Voluntariado na biblioteca escolar por todo o traballo realizado. https://bibliotecas.edu.xunta.gal/programas-e-concursos/bibliotecas-escolares-solidarias

Erasmus plus en Portugal

  “[…] Só depois é que fui à procura da grande biblioteca, as Galveias, que não seria tão grande assim, mas para mim era o mundo…” José Saramago https://blx.cm-lisboa.pt/horarios-e-contactos/biblioteca-palacio-galveias/

Club de lectura do profesorado do mes de xuño

  Remata o club do profesorado do curso 2025-2026 con El libro de los abrazos de Eduardo Galeano para falarmos de amor, xustiza social, política e solidariedade.

Contos que unen xeracións

  Contos que unen xeracións Taller interxeracional de literatura infantil, expresión oral e memoria compartida O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Compostela, dentro do módulo de Expresión e Comunicación, desenvolveu unha proposta de traballo interxeracional en colaboración con persoas maiores de ATEGAL e alumnado en prácticas do Máster en Xerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade xurdiu cunha finalidade clara: realizar unha selección razoada de contos clásicos, populares e contemporáneos que poidan ser utilizados en Educación Infantil e no primeiro ciclo de Educación Primaria. Non se trataba unicamente de escoller contos bonitos ou coñecidos, senón de analizalos desde unha mirada pedagóxica, expresiva, emocional, cultural e interxeracional. Para iso, o alumnado preparou previamente un guión común de análise de contos. Neste guión recollíanse aspectos como o título, a autoría, os personaxes principais, o tema, a moraleja, as i...